Blog

22 Mai
0

As eleccións en Galicia: unha análise do sistema

Outra vez nos atopamos ante unha cita electoral, desta volta, as eleccións municipais, que renovará as corporacións locais e marcará o futuro dos gobernos máis próximos á cidadanía. E mentres algunhas persoas traballan día a día para pedirnos o voto, ...
Ler máis
17 Mai
0

17 de maio

Hoxe 17 de maio a sociedade galega celebramos algo máis que o día das nosas letras, celebramos o día da nosa lingua. Unha lingua tan fermosa como importante, unha lingua que é a nosa principal sinal de identidade e unha ...
Ler máis
images
02 Abr
0

Úla cara amábel do galego?

Por Alberte Villamarín Rodríguez  

 

A cara amábel do galego existe, iso non o dubidamos. Outra cuestión diferente é xa a

proxección pública que os que defendemos a lingua poidamos dar á sociedade, e en especial, ao

colectivo in crescendo dos castelán falantes do noso país. E é que importa e moito como as persoas

que non falen a nosa lingua perciban o galego e os galegofalantes. Porque no fondo, como

sabemos, a lingua son os seus falantes. Non pretendo dicir con isto que os que defendemos a nosa

lingua do mellor xeito posíbel, usándoa, amosemos unha cara pouco amábel ou actractiva, nada

máis lonxe da realidade. As caras serán aquelas que nós queiramos amosar, e aquelas que os que

nos escoitan e ven a diario queiran ver de nós. Ao que me refiro é a algo sumamente importante, á

cara das mobilizacións públicas en defensa da nosa lingua.

Estas mobilizacións son por desgraza cada vez máis necesarias. Somos conscientes de que

o galego non pasa polos seus mellores momentos. Paradoxicamente nunca antes – dende a Idade

Media­ estivo o galego máis accesíbel (o que non quere dicir que o estea de forma suficiente), mais

nunca antes o galego perdeu tantos falantes. As últimas enquisas de sociolingüística confírmano,

os que falamos galego somos só o 44% das persoas do noso país. Menos da metade, e as

porcentaxes son especialmente dramáticas nos rangos de idade da xente moza e dos cativos,

os que se supoñen que serán o futuro da nosa sociedade. Falo deses pequenos seres de escolas

infantís dos que só 1 de cada 4 fala a nosa lingua. Facendo básicos cálculos de andar por casa, e

tendo en conta que as xeracións que seguen nacendo falarán aínda menos galego, entón suponse

que dentro duns 50 anos… só o 20% do noso país falará a nosa lingua? Lonxe de pretender facer un

exercicio de ficción dramática, máis ben é un aviso das malas espectativas que podemos

desprender da sociolingüística. Datos pésimos. E se a iso engadimos un goberno, o noso, máxima

institución do país, totalmente hostil á normalización lingüística, temos entón un absurdo

panorama no que nos perdemos entre as contraproducentes circunstancias e os malfeitores

galegófobos. Enténdese entón que parte da sociedade mire con abraio e temor cara a esta situación.

E tamén se entende que asociacións, plataformas, e partidos políticos carguen as súas pilas e poñan

a súa maquinaria a funcionar para un activismo en defensa da nosa lingua. Porén, que clase de

activismo? Porque non todos valen.

O pasado mes de febreiro a maior plataforma de Galiza, Queremos Galego, convocou

unha manifestación en prol da defensa do galego perante o preocupante presente que estamos a

vivir. Celebro que a miña organización, a Mocidade Nacionalista Galega, acudira en apoio a unha

causa que consideramos obviamente necesaria. Tamén celebro que a plataforma fora capaz de

artellar unha mobilización á que acudiron todo tipo de organizacións: políticas, sindicais, culturais,

etcétera. Abondaba con estar alí para comprobalo. Bandeiras de moitos estilos e cores, diferentes

símbolos e faixas. Eu, por exemplo, fun na marcha xusto detrás dun grupo que, a xulgar polos seus

cartaces, eran reintegracionistas. Nada que ver comigo, e malia iso todos camiñamos cara á Praza

da Quintana para demostrar que nos gusta, que amamos e que defendemos a nosa lingua. Hai

tamén quen opina que isto mesmo que celebro é unha vía errada, que nunha manifestación en prol

da nosa lingua non debería haber símbolos nin faixas, nin nada recoñecíbel de ningún partido ou

tendencia. Non é un debate no que vaia entrar, porque entre outras cousas, eu son de CxG e

camiñar ao carón da faixa do BNG non me produce absolutamente nada, e moito menos será nunca

un impedimento para que me manifeste publicamente polo que creo. En fin, para os que si o sexa,

que non acudan… un momento, se xa ficaron na casa! Centrémonos pois no que coido que é o

importante e merece unha boa reflexión: os discursos dos manifestos.

Como sabemos, no remate dunha manifestación sucédense varias caras coñecidas, ás

veces máis, ás veces menos, que teñen a responsabilidade de pechalo acto cuns discursiños que

conforman o ideario reivindicativo que motivou a propia manifestación. Isto é sumamente

importante, é unha responsabilidade, o que se diga dende o escenario pecha a mobilización, o

que se berre dende o micrófono constrúe a cara que representa publicamente á plataforma

convocante e aos manifestantes que a apoiamos. Neste caso xa non teño nada que celebrar,

porque non me sentín representado en absoluto.

Un discurso cargado de agresividade, de reproches, de mofas e incluso de palabras

malsoantes. Así foi o manifesto de Queremos Galego, así foi a cara que amosamos publicamente

os que defendemos a nosa lingua. Teño o total convencemento que esa é unha estratexia discursiva

completamente contraproducente. O galego non ten que asustar, non ten que amedrentar. O galego

ten que ilusionar, que espertar ledicia. Necesita amosar a súa verdadeira cara amábel e inclusiva

para a súa propia supervivencia! Que cativo ou adolescente pode sentir a afinidade suficiente

como para se converter en neofalante escoitando un discurso agresivo? Nunca pensei que tanto

se puidera exprimir o himno do país. Tantas alusións aos iñorantes, aos féridos e duros, aos

imbéciles e escuros, que a un lle fai pensar que de non levar Pondal moito tempo morto,

acabariamos arruinados a base de multas por dereitos de autor. Han de pensar que por usar versos

do Himno Galego os insultos son máis febles, mesmo iso poderia chegar a pensar calquera que

estivese a escoitar o manifesto. Pero esa idea axiña é desbotada en canto vemos como a oradora

acompaña as palabras dunha mala cara con dedo acusador incluído. Ú­la cara amábel do galego? É

esa a actitude que queremos amosarlle ao mundo para defender a nosa lingua? Para gañar falantes?

Despois de percorrer unha manifestación eu non quero sentirme coma se estivese nunha trincheira

de guerra na que un intenso soldado en éxtase anima aos seus cansos compañeiros. Resistiremos e

loitaremos! De verdade? A problemática do galego non esixe unha loita resistencialista, ou é

que ninguén se decata de que a clandestinidade franquista xa pasou á historia e agora

podemos falar en galego con liberdade? A cuestión é que nesa liberdade a xente non está a

escoller o galego como a súa lingua vehicular, e ese é o problema central. Contra que pretenden

loitar entón? Cun discurso agresivo e resistencialista non se conseguen seguidores para “a causa”,

así non gustamos, non resultamos interesantes nin atractivos. Todo o contrario, parece que

desafogamos a nosa rabia e frustración pola situación do galego contra os que non falan galego, e

iso é un erro estrepitoso. Non hai que culpabilizar aos castelán falantes, hai que convencelos. E con

dedos acusadores non atraemos nin sequera a súa atención. E sabemos que a Xunta de Galicia non

axuda, todo o contrario, pero estas mobilizacións, que son en defensa da lingua?, contra a política

normalizadora de San Caetano?, contra os castelán falantes?, contra que? Non o sei, é un totum

revolutum de críticas, protestas, insultos, reproches, dedos acusadores…

Eu quero un manifesto que amosa o orgullosos que estamos da nosa lingua sen ter que

incluír palabras como “ignorantes”, “decreto”, ou “escuros”, eu quero que se amose a todo o país o

felices que nos sentimos por falar e defender a nosa lingua, que somos coma os demais, coma

todas e coma todos, coas nosas vidas e ilusións, cos nosos traballos, coas nosas preocupacións,

afastarnos xa dunha vez por todas desa imaxe que equipara a defensa do galego co activismo de

megáfono anti todo. Que gozamos de falar unha lingua que di moito de nós, porque é a propia de

Galiza, que ten enormes potencialidades na lusofonía, que a sentimos dende dentro até o punto de

nos emocionar. Que a queremos para as nosas fillas e fillos, que é unha gran perda que desapareza.

Quero amosar unha cara apaixoada, agradábel, contenta, orgullosa, animada, inclusiva,

feliz, por contribuír a manter o noso maior símbolo de identidade. E non quero nunca máis

unha cara desagradábel, acusadora, violenta. Quero gustar porque me gusta o que falo, porque

quero galego. Ú­la cara amábel do galego?

Ler máis
19 Nov
0

A MNG amosa o seu descontento…

Sed porttitor lectus nibh. Curabitur aliquet quam id dui posuere blandit. Pellentesque in ipsum id orci porta dapibus. Curabitur aliquet quam id dui posuere blandit. Mauris blandit aliquet elit, eget tincidunt nibh pulvinar a. Curabitur arcu erat, accumsan id imperdiet et, porttitor at sem. Curabitur non nulla sit amet nisl tempus convallis quis ac lectus. Nulla quis lorem ut libero malesuada feugiat. Nulla quis lorem ut libero malesuada feugiat. Nulla quis lorem ut libero malesuada feugiat.

Ler máis
19 Out
0

Comunicado polo Día da Muller

Curabitur non nulla sit amet nisl tempus convallis quis ac lectus. Proin eget tortor risus. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Praesent sapien massa, convallis a pellentesque nec, egestas non nisi. Donec sollicitudin molestie malesuada. Cras ultricies ligula ...
Ler máis
19 Out
0

O secretario xeral da MNG anuncia que…

Praesent sapien massa, convallis a pellentesque nec, egestas non nisi. Nulla porttitor accumsan tincidunt. Quisque velit nisi, pretium ut lacinia in, elementum id enim. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Sed porttitor lectus nibh. Pellentesque in ipsum id orci porta dapibus. Donec rutrum congue leo eget malesuada. Praesent sapien massa, convallis a pellentesque nec, egestas non nisi. Curabitur non nulla sit amet nisl tempus convallis quis ac lectus. Nulla porttitor accumsan tincidunt.

Ler máis