A Mocidade Nacionalista Galega

Que somos?

A Mocidade Nacionalista Galega, MNG, somos unha organización política xuvenil. Temos como referente político a Compromiso por Galicia, unha forza galeguista e progresista que pertence ao abano político do país.

O obxectivo principal da MNG é a mellora da calidade de vida da mocidade galega, e para iso consideramos fundamental o dereito a autodeterminación de Galiza, para decidir soberanamente. Outro eixo fundamental do traballo que realizamos e a defensa e posta en valor da identidade da Nación Galega.

"Os nosos principais obxectivos son loitar pola calidade de vida da mocidade galega, polo dereito de autodeterminación de Galiza, e pola posta en valor da nosa identidade."

O ámbito de actuación da MNG é o territorio de Galiza, sen menoscabar a posibilidade de actuación nos territorios historicamente afíns a Galiza. Esta actuación que a MNG leva a cabo en todo o país ten como eixo fundamental a comarca, xa que esta é estrutura que vertebra a organización de norte a sur e de leste a oeste.

Como nos organizamos?

MNG1A MNG organízase en asembleas comarcais realizando traballo en tódalas localidades desas comarcas. O seguinte órgano ás asembleas comarcais é o Consello Político Nacional, formado por doce mozas e mozos que se escollen en listas abertas nas asembleas nacionais que teñen un carácter bianual. Por último o órgano encargado de levar a cabo a coordinación de todo este conxunto de estruturas é a Executiva Nacional que está composta por seis membros do Consello Político Nacional e a persoa que ostente a secretaría xeral.

423567_284781498260583_534790912_nA día de hoxe temos diversas comarcas en funcionamento ao longo do país, pero sobre todo temos a capacidade de constituír moitas máis comarcas, xa que contamos con un censo no que temos representantes de todo o país.
Animámoste a que colabores con nós na defensa dos intereses da mocidade galega, e sobre todo a que o fagas organizándote con nós para por neste gran proxecto un grao de area máis.

Descargar os estatutos da MNG

Os nosos fins

  • Democracia

    A afirmación e defensa da liberdade, igualdade de oportunidades entre persoas, xustiza social, dereitos humanos e dos pobos e pluralismo político nunha sociedade vertebrada baixo os principios de inclusión e cohesión social.

  • Liberdade

    A defensa dos dereitos da liberdade de expresión, pensamento e conciencia, asociación e participación cívica e política, dentro da organización e na sociedade galega.

  • Identidade

    A defensa e posta en valor da identidade da Nación Galega. A conservación e expansión da lingua, cultura e patrimonio da Nación Galega e do proxecto nacionalista entre a mocidade.

  • Desenvolvemento

    O desenvolvemento social e económico equilibrado e ambientalmente sustentábel que permita mellorar, en condicións de igualdade e dignidade, a calidade de vida e do benestar social da mocidade galega, permitíndolle vivir e traballar na súa terra.

  • Mocidade

    Mellorar a comprensión, colaboración e comunicación entre a mocidade galega residente no territorio nacional e a que se encontra no exterior.

  • Nación

    A defensa do dereito da Nación Galega a definirse e decidir o seu futuro como unha nación soberana, no marco dunha Unión Europea Social e dos Pobos, democrática, xusta e de dereito

Que é para ti a MNG?